Friday 17 de May de 2024

O Concello mellora a iluminación do parque do monte de San Pedro coa instalación de 84 balizas led


Substitúen ás anteriores, de tecnoloxía de descarga, e suporán un aforro enerxético do 80% ademais de aportar unha maior calidade lumínica

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría deInfraestruturas, procedeu nos últimos días a renovar as balizas de iluminación do parque do Monte de San Pedro. En total, substituíronse as 84 balizas que hai ao longo do recinto municipal.

As novas balizas son de tipo led e contan cunha tecnoloxía máis moderna en comparacióncoas retiradas, de descarga. O seu horario de funcionamento mantense e mellórase a calidade da iluminación e a súa eficiencia enerxética.

Nese sentido, pásase de 10,3 kW de consumo a só 2 kW, o que supón un aforro enerxético dun 80% e de 36.000 kWh ao ano, o que supón tamén unha redución do gasto municipal en suministro eléctrico. “O Goberno de Inés Rey continúa a mellorar a eficiencia enerxética da cidade, como xa está a facer coa renovación de toda a iluminación viaria grazas á axuda de 12 millóns de euros do IDAE”, sinala Nereida Canosa, concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas.

O Goberno municipal que preside Inés Rey prosegue deste xeito coas melloras no Monte de San Pedro, onde hai uns meses, en marzo, reabriu o labirinto tras a renovación integral de arbustos e pavimento, coa disposición de novas sebes perennifolias máis resistentes. “O Monte de San Pedro é un dos lugares máis emblemáticos da cidade e un grande atractivo turístico que temos que conservar e potenciar desde o Goberno municipal”, apunta Canosa.